Veterano. Por segunda vez, o catedrático de Enxeñería Química concorre ás eleccións cunha candidatura independente que e é «só e moi universitaria». A súa principal preocupación é a transparencia na xestión da institución académica.
Vicerreitor. Dimitiu como vicerreitor de Relacións Institucionais en marzo do ano pasado e apóiao Universidade Aberta. Quere unha Universidade pública, galega e do século XXI.
PUP. Catedrática de Filoloxía Románica, foi vicerreitora de Profesorado co goberno de Carlos Pajares. Quere recuperar a dignidade e a visibilidade das carreiras de letras e o diálogo coa comunidade universitaria.
Xestión. A que foi conselleira de Educación cre que é un plus ter esta experiencia de alta xestión. Soou para a PUP, pero finalmente preséntase cunha candidatura independente co estudante como protagonista.
Amiguismo. O decano de Bioloxía quere terminar coa elitocracia e o amiguismo no seo da institución académica, así como reformular o proxecto de Campus Vida.
Diálogo. Cre que o seu é o único proxecto diferenciado dentro da USC. Busca recuperar o diálogo e aposta forte polas propostas para o alumnado.
Excelencia. Apoiado por Converxencia Universitaria, quere crear dous campus de excelencia internacional máis na Universidade.