martes, 11 de mayo de 2010

11/V/2010. ¿Por qué chámannos conservadores cando somos plurais e netamente universitarios?



Carmen Fernández Morante


Porque non facemos política de partido na USC.

Porque somos capaces de desenvolver un programa dialogando e recollendo as inquietudes de tod@s.

Porque temos un equipo plural, completo, cohesionado, preparado e con talante integrador.

Porque sabemos distinguir o que é netamente universitario e o que non o é.

Porque non excluímos a ninguén.

Porque apostamos pola transparencia e o rendemento de contas.

Porque cremos e apoiamos ás persoas (PAS, ALUMNOS E PDI)

Porque somos capaces de desenvolver un proxecto universitario desde sensibilidades distintas.

Porque apostamos polo diálogo e a negociación como bases de funcionamento da vida universitaria.

Porque non estamos tutelados por ningún partido político ou plataforma.

Porque levamos 4 anos traballando día a día pola Universidade e defendendo os dereitos e aspiracións de tod@s.

Porque cremos nos valores universitarios e na función social da Universidade que non é outra que formar profesionais competentes e xerar coñecemento.

Porque practicamos e defendemos a autonomía universitaria.

Porque pretendemos servir á universidade e non servirnos dela.

¡Súmate, e que non che confundan!