viernes, 30 de abril de 2010

30/IV/2010. Correo TV. Faladoiro. Debate CC da Comunicación.

http://www.youtube.com/correotv#p/p/16394812FA61B0BD/0/t-Rb0gdr_y8

30/IV/2010. El Progreso. Consenso para que Santiago manteña a exclusividade de Medicina

http://elprogreso.galiciae.com/nova/53094.html

Manu López






O 5 de maio o electorado da USC está chamado ás urnas para elixir un novo reitor. O actual, Senén Barro, asinou un acordo cos outros reitores das universidades galegas e coas consellerías de Educación e Sanidade para crear a figura do colaborador docente na fase de docencia clínica da titulación de Medicina, supeditado academicamente á USC pero vinculado administrativamente á universidade coa que estea ligado o hospital no que se imparte esta formación.


Pregunta: Que posición mantén respecto de compartir a titulación de Medicina coas outras universidades galegas?








Lourenzo Fernández Prieto


Eu propuxen un acordo a tódolos candidatos para defender a proposta da Xunta de Facultade e dos departamentos. A cuestión é moi sinxela: nós non podemos ceder como Universidade a xestión da nosa titulación. A formación médica esixe a participación dos hospitais, que teñen que colaborar e na lóxica da converxencia europea e de incremento da calidade teñen que colaborar moito máis. O que hai que potenciar é a docencia clínica en calquera hospital galego que estea cualificado para ofrecela. Quen coordina a titulación é a USC e o que hai que debater é como se incrementa a súa calidade. Iso é o que me preocupa se me elixen reitor e non cuestións de territorialidade. Semella que estamos falando doutro tipo de instalacións ou de servizos e non do coñecemento e da formación.






Jaime Gómez Márquez


O que defendemos todos os candidatos é unha única Facultade de Medicina para Galicia e a implicación de todo o sistema sanitario galego na formación dos futuros médicos. Máis alá diso estou en desacordo coas chantaxes ou as presións que hai dende ámbitos políticos ou dende outras universidades para que se creen outras facultades de medicina ou que a titulación sexa compartida entre as tres universidades. Non ten sentido. Paréceme inaceptable o acordo que firmou o noso reitor --Senén Barro-- cos outros dous reitores galegos e cos conselleiros de Sandiade e Educación. É unha claudicación da USC ante non se sabe moi ben qué.






Laura Sánchez Piñón


Nunha reunión que mantivemos co equipo decanal decidimos claramente que os profesores temos que depender dunha única universidade, tal como é o mandato da lei. A fórmula que foi suscrita non pode aplicarse porque di que un profesor dependería administrativamente dunha universidade e academicamente doutra, o que resulta inviable. Temos unha única titulación de Medicina no sistema universitario galego, está na USC e, polo tanto, os profesores teñen que depender da universidade onde está a titulación. O que hai que facer agora é ampliar a docencia clínica á rede de hiospitais do sistema galego de saúde, mediante os concertos que fai a USC cos hospitais.






Juan Varela Durán


Cremos nunca única facultade de Medicina en Santiago na que os tres primeiros cursos se dean en Santiago e a docencia clínica descentralizada en cuarto, quinto e sexto que se imparta nos hospitais das sete grandes cidades galegas.






Mercedes Brea


A Facultade de Medicina debe seguir sendo só unha, a de Santiago que ten que seguir sendo a encargada de organizar a docencia. Outra cousa é que a docencia clínica aproveite tódolos hospitais de Galicia, sempre baixo a autoridade da Facultade de Medicina da USC.






Juan Casares Long


Eu fixen unha aposta moi forte. A preocupación é tan significativa que incorporamos a maiores do equipo reitoral unha persoa que ten como cometido traballar para atopar a mellor solución no ámbito das Ciencias da Saúde. Trátase dun comisionado específico para tratar de buscar solucións aos problemas que temos plantexados hoxendía.






Pilar Bermejo


A titulación de Medicina ten que ser única porque é suficiente para a nosa Comunidade e débese impartir a docencia clínica na rede de hospitais do Sergas. Iso non quere dicir que os profesores que imparten esta docencia sexan doutras universidades. A responsabilidade de toda a docencia ten que tela a USC.

30/IV/2010. Juan Casares Long comprométese á axilización do proceso burocrático da Universidade de Santiago de Compostela

NOTA DE PRENSA

O profesor de Enxeñería Química, Juan Casares Long e o equipo que o acompaña a todos os actos previstos nas facultades continúan a súa andaina cara o Reitorado de San Xerome. Despois do éxito acadado nas facultades de Económicas e Dereito o pasado xoves, onte tivo a oportunidade de achegarse á comunidade universitaria da Facultade de Psicoloxía. O candidato anunciou que de saír elixido como reitor comprometerase a axilizar o proceso burocrático da institución académica compostelá. Outra das primeiras medidas que porá en marcha será a de someter á USC a unha auditoría económica para poder coñecer o estado real das contas da entidade.
O luns a comunidade universitaria volverá a ter a oportunidade de achegarse ao candidato e mais ao seu equipo e plantexarlle as preguntas que queiran, no salón de graos da Facultade de Filoloxía, ás 11.00 horas.
O candidato, que leva os últimos catro anos traballando arreo na oposición do Goberno da USC, leva ás súas costas unha ampla bagaxe non so no mundo da investigación senón tamén na xestión, xa que estivo ao frente de proxectos como o CESGA ou RECETGA e foi director Xeral de Medioambiente na Xunta de Galicia.
A transparencia, a eficacia e a corresponsabilidade son tres piares imprescindibles no seu programa e unha das medidas fundamentais que levará a cabo o profesor Casares será potenciar o papel dos centros na toma de decisións e recuperar a "esencia e ilusión da institución académica".

Para calquera aclaración, non dubidedes poñeros en contacto co gabinete de prensa ou consultar a nosa páxina web, www.juancasareslong.com.

Un saúdo,

Luisa López Gutiérrez

Responsable de Prensa de Juan Casares Long


692 528 009


www.juancasareslong.com

30/IV/2010. Xornal.com. Os alumnos maniféstanse polo CAP nas eleccións ao Reitorado

http://www.xornal.com/artigo/2010/04/29/sociedad/universidad/alumnos-manifestanse-polo-cap-nas-eleccions-ao-reitorado/2010042823395001336.html

O Defensor del Pueblo desestimou o recurso que interpuxeron contra o Máster de Profesorado e proponlles ir aos xulgados.

CRIS SOUTO

Os estudantes da facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago (USC) volveron saír onte ás rúas de Compostela para esixir a reestruturación do Máster de Profesorado que substitúo o antigo Certificado de Aptitude Pedagóxica (CAP). Amais dunha nova folga que mantivo inactiva a facultade todo o día, os alumnos marcharon ata o Reitorado da USC para esixir a “abolición do límite de vagas, prezos públicos para o Mestrado Docente no camiño da súa total gratuidade, redución da duración do mestrado a seis meses e celebración das prácticas dun modo digno e remunerado”.
A Asemblea de Estudantes de Arte, Xeografía e Historia decidiu tamén continuar coas mobilizacións, facendo paros na actividade da facultade, e tentar “integrar a máis facultades nos actos de protesta e mesmo ás outras universidades galegas”, segundo explica a voceira Aurora Paz. Porén, acaban de recibir un importante revés na súa loita, porque o Defensor del Pueblo desestimou o recurso de incontistucionalidade que presentaran alegando que tiñan o dereito a rematar os estudos no mesmo réxime no que os comezaron, para que os alumnos que cursan licenciaturas poidan facer o CAP, en vez do máster de Boloña.
O adxunto segundo ao Defensor, Manuel Ángel Aguilar Belda, encargado da área de Educación, explicoulles aos alumnos composteláns por carta que “esta Institución no ha apreciado una quiebra del principio de igualdad ante la Ley o del derecho constitucional al trabajo en el sentido que se indica”. Porque co novo Plan Boloña, “la licenciatura ya no tiene cabida en este sistema y, por lo tanto, hay que entender que el nuevo título de grado (...) comprende enseñanzas básicas y de formación general, que deben complementarse necesariamente con la superación de un segundo ciclo de estudios universitarios dedicado a la formación avanzada (...) como requisito necesario para poder incorporarse al mercado de trabajo”. “En todo caso –di o Defensor–, queremos significarle que queda siempre abierta la vía del posible ejercicio de los recursos administrativos y, en su caso, contencioso-administrativos por parte de quien se considere individualmente lesionado” .
Os estudantes non contemplan esta vía, por ser moi cara e longa no tempo. Amais, denuncian que “ningunha das candidaturas (ao Reitorado) ten un programa realista, coherente e crible” sobre este asunto.



30/IV/2010. La Voz de Galicia. Trece boticas da cidade teñen fármacos homeopáticos e a USC forma sobre eses tratamentos

http://www.lavozdegalicia.es/santiago/2010/04/30/0003_8451692.htm?idioma=galego

Máis de 350 estudantes da Facultade de Farmacia interesáronse nun curso sobre tratamentos homeopáticos, organizado pola Asociación de Estudantes de Farmacia da USC. As sesións inaugurounas o decano do centro universitario, Juan José Torres, e participaron docentes do Centro de Ensino e Desenvolvemento da Homeopatía.

Trece boticas de Santiago e 176 na provincia ofrecen estes tratamentos, segundo indicouse. O consello homeopático pode darse para as afeccións máis frecuentes consultadas nas oficinas de farmacia e consideradas síntomas menores, como a gripe, os arrefriados, a tose, os trastornos dixestivos, as alerxias, os problemas cutáneos ou pequenos traumatismos, afirmou Miguel Barelli, director do centro que impartiu a docencia.

O curso constou de catro seminarios: sobre os antecedentes e a situación actual da homeopatía, a prevención e tratamento da gripe e outras patoloxías consideradas invernais, a tensión e a ansiedade, e as patoloxías estivais como queimaduras ou picaduras de insectos.

A asociación de estudantes de Farmacia valora a necesidade de formación neste ámbito, polo crecemento da demanda de homeopatía nas farmacias.

30/IV/2010. La Voz de Galicia. Os alumnos de Historia farán paros diarios contra Bolonia

http://www.lavozdegalicia.es/santiago/2010/04/30/0003_8452707.htm?idioma=galego

Tras a última xornada de folga na Facultade de Historia para protestar contra a implantación do máster de profesorado, onde o paro, segundo a organización, foi total, os alumnos da facultade compostelá decidiron continuar coas mobilizacións.

Así, durante toda a próxima semana, os estudantes realizarán paros diarios entre as 12 e as 14 horas o luns, mércores e venres, mentres que o martes e o xoves terán lugar entre as 17 e as 19 horas. Na última asemblea, á que acudiron máis de 60 persoas entre representantes e afiliados a organizacións estudantís e mozas sen ningún tipo de adscrición, tamén se tomou a determinación de que durante as dúas horas de paro terán lugar caceroladas para pedir que o límite de prazas do máster sexa abolido e os prezos rebaixados.

30/IV/2010. La Voz de Galicia. A USC colaborará cunha consultora multinacional na modernización da xustiza

http://www.lavozdegalicia.es/santiago/2010/04/30/0003_8452705.htm?idioma=galego


A Universidade de Santiago, en colaboración coa consultora multinacional Everis, porá en marcha actividades conxuntas orientadas ao desenvolvemento do Plan Estratéxico de Modernización do Sistema de Xustiza para os anos 2010 e 2012. Ambas as entidades asinaron onte o acordo nun acto no que estiveron presentes o reitor da USC, Senén Barro , e o conselleiro delegado de Everis, Benito Vázquez Blanco .

O plan de modernización do sistema xudicial busca agrupar con carácter sistemático e de forma detallada un conxunto de reformas normativas, cambios organizativos e melloras tecnolóxicas que axuden a que o sistema xudicial alcance un rendemento avanzado.

Dentro do acordo marco alcanzado pola institución compostelá e a consultora inclúese a execución de proxectos e programas de investigación e o asesoramento mutuo. Cada un das actuacións postas en marcha regularase a través de acordos específicos nos que se definirá o plan de

jueves, 29 de abril de 2010

29/IV/2010. El Progreso. Os candidatos á Reitoría ven necesario adaptar a oferta de mestrados

http://www.galiciae.com/nova/52985.html

Manu López

Achéganse as eleccións á Reitoría da USC e os candidatos a ocupar o posto deixado por Senén Barro atópanse en plena campaña electoral. Por primeira vez nestes comicios concorren sete candidaturas. Galiciaé falou con todos os candidatos á Reitoría para preguntarlles sobre os retos de futuro máis importantes da próxima lexislatura e polas principais preocupacións dos estudantes.






A preimeira das cuestións pola que nos interesamos foi pola aplicaicón do Proceso de Bolonia. O novo contexto lectivo, baixo o Espazo Europeo de Educación Superior (EEES) implantouse por vez primeira neste exercicio no primeiro curso de tódalas titulacións. A obrigatoriedade da asistencia á clase e a carga de horas lectivas preocupan aos estudantes, sobre todo a aqueles que precisan compaxinar os estudos cun traballo que lles permita ter ingresos para costear a súa vida académica. Os candidatos responden aos retos que supón Bolonia.






Pregunta: Que propostas ten para avanzar na adaptación ao Plan Bolonia? Cales son os principais problemas a resolver? Que solucións propón para conciliar a carga lectiva coa vida persoal e laboral?






Jaime Gómez Márquez


O primeiro que hai que ter en conta é que non se pode implantar Bolonia a custo cero. Isto é unha falacia e fai imposible que a adaptación ao Espazo Europeo de Educación Superior se faga nas condcións que debería.






O aspecto positivo que ten esta adaptación é en dous niveis: fundamentalmente muda o sistema de aprendizaxe, xa que favorece que esta sexa autónoma, que o estudante traballe e vaia descubrindo máis pola súa conta; por outra banda, é importante porque nos harmoniza con Europa ao dotar o crédito ECTS, que favorece moito a mobilidade e que os estudos que se fan nun país se recoñezan noutro. Nese sentido, é positivo.






O problema de compaxinar a universidade con outras actividades é de organización interna dos centros e da Universidade. O que non se pode facer é cargar aos alumnos de actividades, de maneira que non poidan respirar. Por outra banda, hai que ter un tratamento especial cos estudantes que están traballando, que debe ser singularizado porque hai moitas actividades presenciais e que estas persoas non poden facer. Polo tanto, hai que aplicar as medidas necesarias para que poidan estudar e que ese estudo sexa compatible co seu traballo. Non podemos afogar aos alumnos porque o efecto que se consegue é claramente contraproducente.






Laura Sánchez-Piñón


Hai que pór o acento nos aspectos da titorización dos alumnos de cara a ter un ensino moito máis regulado e un apoio maior por parte dos profesores. Tamén se busca reducir o número de anos que se tarda en rematar unha carreira, o que se chama a taxa de eficiencia; se unha carreira dura catro anos é desexable que estea rematada en tempo e forma, non como ocorre cos plans vellos nos que algunhas carreiras teñen un tempo medio do que sería o dobre da súa titulación.






É importante atender tamén os másters, que dan a posibilidade de ter especialización en máis dunha área. Nos novos, o noso equipo pretende unha optimización do número actual para ter másters atractivos e co número de alumnos suficiente, poñendo o acento tamén nos másters on-line para que as persoas que estean traballando poidan acceder a unha formación despois da etapa estudantil.






Buscamos que nos másters haxa presenza da docencia en inglés, o que entronca coa mobilización. Se pretendemos ter mobilización respecto de Europa, Estados Unidos ou Iberoamérica, o inglés é necesario para ter alumnos que veñan doutros países.






O número de horas está fixado por lei. Non pode haber solucións individuais de diferentes universidades. Os créditos ECTS teñen un número de horas que é case o mesmo en toda Europa. A carga docente non é moito maior que ata agora e debemos respectar as normativas xerais para poder adaptarnos.






Juan Varela Durán


Finalizar satisfactoriamente o proceso de adaptación ó Espacio Europeo de Educación Superior (EEES) é o reto máis inmediato que temos que afrontar. A experencia de adaptación ao EEES iniciada está a ser levada razonablemente ben nos grados xa implantados co esforzo e o sacrificio de todos e a pesar das evidentes carencias de personal e medios materiais das que todos somos conscientes.






Estas adaptacións xa non se poden facer a coste cero, como se teñen levado ata este momento. A nosa universidade precisa dunha xestión financeira que permita afrontar estes retos ao mesmo tempo que nos permita manter e consolidar o noso cadro de personal e atender as necesidades derivadas de contar cunha estrutura material de primeira orde.






Mercedes Brea


Hai que meditar moi ben o que se leva feito ata o momento e ver que posibilidades nos deixa a normativa vixente para modificar cousas. En claquera caso, os graos están todos en proceso de implantación e, por un tempo, vai ser pouco o que se poida facer. Aparte, hai que procurar que todo o alumnado teña unha información moi clara de como son, de como están estruturados e organizados e das posibilidades que permiten.






No que hai que facer cambios con carácter inmediato é na oferta de másters oficiais. Hai que revisala e reestruturala, se é posible de cara ao próximo curso. Hai que facer tamén chegar toda a información a todo o alumnado para evitar que se metan equivocadamente por vías que non son as que pretenden.






Nos graos é moi difícil poder facer cambios nos horarios porque a atención é moi pormenorizada e hai que traballar máis cos docentes e co resto dos compañeiros. Cos másters si que hai máis posibilidades de mellorar o horario. É posible ofertalos, non de xeito totalmente virtual, pero si semipresencial e que persoas que están traballando poidan tamén facelos.






Juan Casares Long


A USC, como tódalas universidades españolas, ten o problema dunha tardía incorporación ao EEES, comezando ademais a casa polo tellado. Empezamos polos posgraos e logo seguimos cos graos. O que hai que facer agora é adaptar ambos á realidade. Atopámonos coa situación de que hai que adaptar o número de alumnos para poder dar resposta aos novo modelos de ensino que teñen unha parte expositiva, outra interactiva e outra nova, que son as titorías por grupos. Con elas temos que adaptar espazos e recursos humanos para facer posible que cheguen a ser o que poñen os papeis.






Nos posgraos, a traslación directa dos estudos de terceiro ciclo aos másters levou a unha dispersión moi grande e agora mesmo hai que traballar para centrar o que son. Hai que facelo a medida que nos incorporamos e ir facendo correccións para camiñar cara esa realidade que é o que está aí e non se pode mover.






Tanto no que se refire a situacións novas e ás titulacións tradicionais, temos uns horarios que non son exclusivos da USC. Os horarios universitarios non facilitan de ningún xeito a conciliación da vida laboral ou persoal coa lectiva en todos os estamentos. Nas titulacións que tiñan carga experimental importante, o horario de 9:00 a 21:00 é o típico de funcionamento e iso choca. Cos planos antigos atopáronse solucións e cos novos haberá que buscalas; nestes hai un traballo máis autónomo polo que creo que a capacidade de adaptación será maior. Agora, a asistencia é obrigatoria.






Pilar Bermejo


Facer a reforma a coste cero non é viable. O primeiro problema creo que é económico. Nos graos non hai excesivos problemas pero onde non se fixo ben foi nos másters. Hai unha gran cantidade deles e moitos teñen moi poucos alumnos. É preciso facer unha reorganización porque hai que orientarse máis a másters interuniversitarios e internacionais para darlle proxección externa á USC.






De tódolos xeitos Bolonia non está aínda rematado, por que non é só a adaptación dos graos ao EEES. Un dos obxectivos é potenciar a mobilidade dos estudantes ata conseguir unha cota do 20% no intercambio e tamén incide moito na formación ao longo de toda a vida.






A solución que propoñemos para mellorar os horarios son as titulacións a tempo parcial que existen en todo o mundo. Cada vez hai máis persoas que precisan compatibilizar traballo e estudo e a Universidade ten que ser sensible a esta situación.


Lourenzo Fernández Prieto


Os estudantes e os docentes son o eixo da Universidade e da primeira función que é a docente. O que fai o proceso de converxencia europea é situalos no centro. Nós imos facer fundamentalmente dúas cousas: garantizar o recoñecemento e a satisfacción do profesorado cun plan de promoción e captación que sirva para aproveitar o mellor do que hai e ter aos mellores; dende o punto de vista dos estudantes, garantizar a súa presenza e a súa participación no desenvolvemento dos novos títulos a través das comisións de seguimento; e, dende o punto de vista da administración, reducir a burocracia inútil que afoga aos docentes e garantir unha administración ao servizo da Universidade.


Comprometémonos a establecer un plan para reducir no primeiro ano e inxerenciar adecuadamente todo o sistema de tramitación, cualificación, etc vinculados aos novos títulos.


Hai que ter en conta que o novo sistema esixe máis presenzalidade pero tamén temos que pensar que hai un novo tipo de estudantes diferentes aos dos plans de hai 25 anos. Polo tanto, temos que readapatar a Universidade nese sentido. Hai que pasar a contar en euros. Dende o punto de vista dos mestrados teremos moi en conta as novas necesidades de demanda e as necesidades de quen demanda. Hai que redefinir a situación porque non ten moito sentido que a Universidade funcione como hai 30 anos, con xornadas de 9:00 a 21:00. Vai ser complicado pero faremos un plan para racionalizar e adecuar iso aos tempos de hoxe e para garantizar a compatibilidade da vida persoal e laboral, tanto dos estudantes como dos docentes.

29/IV/2010. Xornal.com. Casares Long ve secundarios os fondos privados

http://www.xornal.com/artigo/2010/04/29/sociedad/universidad/casares-long-ve-secundarios-fondos-privados/2010042823395000116.html

A catedrática de Xenética Laura Sánchez Piñón e o catedrático de Enxeñería Química Juan Casares Long, participaron onte nos Encontros Dixitais de Xornal.com. Casares Long aseguroulles aos internautas que “o financiamento da universidade pública ten que ser fundamentalmente público, o financiamento privado só é complementario e nunca substitutivo”.

Amais, o candidato ao Reitorado da Universidade de Santiago (USC) comprometeuse onte a realizar unha auditoría económica da institución para coñecer a situación real. Entre outras cousas, Casares Long sinal­oulles aos lectores de Xornal.com que pretende “elaborar un plano de consolidación do persoal de apoio á investigación”. O candidato garantiu o uso do galego como lingua vehicular da USC e contemplou a posibilidade de que, sendo esta unha universidade presencial, se “usen as tecnoloxías da comunicación para impartir docencia, como másters online, cando exista a posibilidade”.

SÁNCHEZ PIÑÓN
No seu chat cos internautas, Laura Sánchez Piñón desbotou a idea dun desequilibrio económico entre as áreas de Ciencias e Humanidades e Ciencias Sociais. “Non existe tal desequilibrio económico, estas áreas teñen unha excelente captación de recursos en convocatorias competitivas externas”, asegurou, e engadiu que o seu programa “contempla un proxecto estratéxico nestas áreas na liña do Campus Vida”.

 
Hoxe responderán as preguntas dos lectores a través da web os candidatos Juan Varela Durán, ás 14.00 horas, e Mercedes Brea López, ás 16.00 horas. Poden enviar as súas preguntas, seguir en directo os chats, e ler os xa rematados en www.xornal.com/conectacon.

29/IV/2010. El Correo Gallego. Diálogo entre arte sacro y profano en Caixa Galicia

http://www.elcorreogallego.es/santiago/ecg/dialogo-arte-sacro-profano-caixa-galicia/idEdicion-2010-04-29/idNoticia-541389/

La muestra 'Santiago, punto de encuentro' recorre diez siglos de creación artística

Desde una pieza de finales del siglo XII hasta una obra de 2003, desde trabajos escultóricos del Maestro Mateo hasta pinturas de Dalí, Picasso o Chillida, junto a autores gallegos como Asorey, Leiro o Manolo Paz. La muestra Santiago, punto de encuentro, que se inaugura esta tarde, a las 20.00 horas, en la Fundación Caixa Galicia, invita a recorrer "diez siglos de creación artística en un diálogo entre las colecciones de la Catedral y la entidad financiera".

 
Así lo manifestaron ayer sus organizadores, en una presentación que contó con la participación del conselleiro de Cultura, Roberto Varela; el director de Acción Social de Caixa Galicia, José Manuel García Iglesias; el deán, José María Díaz, y el profesor Enrique Fernández Castiñeiras, comisario de la muestra junto a Juan Monterroso y Ramón Yzquierdo, a los que acompañó el gerente del Xacobeo, Ignacio Santos.

El ambicioso montaje, que cuenta con 57 piezas, aspira a ser, según García Iglesias,"la muestra que bata records de visitas".
Tanto José Mª Díaz como García Iglesias se mostraron muy satisfechos con los resultados del montaje, que se presenta como un "diálogo inédito entre el arte sacro y la plástica moderna, bajo la mirada de unos talentosos comisarios".
Roberto Varela, por su parte, señaló que la muestra "enseña distintas realidades sociales e históricas hablando de una realidad plural y cambiante, gallega e universal", y se mostró convencido de que será "punto de encuentro de visitantes de todas las latitudes y de personas que aprecien y amen el arte".
Por su parte, el profesor de la USC Fernández Castiñeiras hizo hincapié en el reto de "reunir piezas de siglos distintos, religiosas y profanas, y distribuirlas en diez salas de carácter temático, estableciendo entre ellas un diálogo".

En su opinión, la muestra permitirá "ver en un contexto nuevo obras procedentes de la Catedral que nunca tuvieron oportunidad de compartir espacio con otras tan diferentes", y una "ocasión única para que dos grandes colecciones compartan un espacio único".

aiglesias@elcorreogallego.es

29/IV/2010. La Voz de Galicia. Tres mortos e tres feridos nun grave accidente na N-640 en Caldas de Reis

http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2010/04/29/00031272535639311940746.htm?idioma=galego

A condutora que provocou o sinistro, ocorrido ás once menos dez da mañá na estrada que une as localidades pontevedresas de Caldas e Cuntis, sacouse o carné onte.

EFE

Tres persoas morreron e outras tres resultaron feridas nun grave accidente ocorrido ás once menos dez da mañá no quilómetro 223,9 da N-640 en Caldas de Reis, na estrada que une Caldas e Cuntis á altura de San Andrés de César segundo confirmou a Lavozdegalicia.es o servizo de urxencias 112-Galicia.

O sinistro ocorreu ás 10:50 horas cando chocaron frontolateralmente un coche Peugeot 306 e unha furgoneta Mercedes .

A moza que conducía o turismo que provocou o sinistro, Lorena P.M., de 18 anos e veciña de Caldas, faleceu a consecuencia dunha colisión frontal contra unha furgoneta marca Mercedes cuxo condutor, M.A.F., de 30 anos e veciño de Pontevedra, resultou ferido leve. A moza obtivera onte o carné de conducir.

Os outros dous falecidos, que tamén viaxaban no vehículo que levou a peor parte, xa que quedou literalmente esnaquizado polo impacto, son A.A.G., de 19 anos e veciño de Marín, e M.I.M.O., de 19 anos e veciña de Pontevedra.

Ambos viaxaban o asento traseiro xunto con C.M.C., de 18 anos e veciña de Ourense, que resultou ferida grave e foi trasladada ao Hospital Clínico de Santiago, do mesmo xeito que C.P.P., veciño de Montecelo de 20 anos, que ocupaba o asento de copiloto. Este último foi evacuado ao Hospital Montecelo.

Os equipos de excarceración tiveron que extraer dos vehículos a unha das persoas falecidas así como a un dos feridos. A estrada, a N-640, tivo que ser cortada ao tráfico para realizar os labores de rescate.

No operativo participaron, segundo confirma o 112, a Garda Civil de Tráfico de Pontevedra, un helicóptero medicalizado con base en Santiago, Protección Civil da Estrada así como varios equipos de excarceración.

miércoles, 28 de abril de 2010

28/IV/2010. Nota de prensa. Juan Casares Long comprométese a realizar unha auditoría económica da USC para coñecer a situación real da institución

O profesor de Enxeñería Química, Juan Casares Long e o seu equipo continúan coa a axenda electoral, que os levará ata o Reitorado de San Xerome. O candidato tivo a oportunidade de atoparse na xornada de onte con profesores, alumnos e demais persoal do Campus lucense, e tamén do compostelá na xornada de tarde, onde o equipo fixo escala na Facultade de Ciencias da Comunicación. O candidato, con máis forzas e ánimos que nunca, explicou que a primeira medida que porá en marcha será a de realizar unha auditoría económica da USC para coñecer a situación real da institución

O xoves a comunidade universitaria volverá a ter a oportunidade de achegarse ao candidato e mais ao seu equipo e plantexarlle as preguntas que queiran, nas facultades de Económicas (ás 11.00 horas); en Dereito (ás 13.00 horas) en Relacións Laborais (ás 16.00 horas) e, xa por último, en Ciencias Políticas (ás 17.00 horas).

 
O candidato, que leva os últimos catro anos traballando arreo na oposición do Goberno da USC, leva ás súas costas unha ampla bagaxe non so no mundo da investigación senón tamén na xestión, xa que estivo ao frente de proxectos como o CESGA ou RECETGA e foi director Xeral de Medioambiente na Xunta de Galicia.

A transparencia, a eficacia e a corresponsabilidade son tres piares imprescindibles no seu programa e unha das medidas fundamentais que levará a cabo o profesor Casares será potenciar o papel dos centros na toma de decisións e recuperar a "esencia e ilusión da institución académica".


Para calquera aclaración, non dubidedes poñeros en contacto co gabinete de prensa ou consultar a nosa páxina web, www.juancasareslong.com.

 

Un saúdo,
Luisa López Gutiérrez



Responsable de Prensa de Juan Casares Long



692 528 009



www.juancasareslong.com

28/IV/2010. El Correo Gallego. El segundo debate de 'rectorables', en TV Correo


Casares (izda.), Gómez Márquez, Brea, Bermejo, Susana López, Sánchez Piñón, Fdez. Prieto y Varela


FOTO: María Pego
 

Ciencias da Comunicación sirvió de escenario y el alumnado se implicó en la realización.

OCTAVIO SEIXO SANTIAGO

Hubo varios intentos, pero hasta ahora los únicos debates en los que participaron todos los candidatos al rectorado de la Universidade de Santiago de Compostela (USC) han sido organizados por el Grupo Correo Gallego. El primero se reflejaba hace una semana en este diario y el segundo lo pudieron seguir ayer los espectadores de Correo TV, El programa, moderado por Susana López Carbia, se grabó en uno de los platós de la Facultade de Ciencias da Comunicación, gracias a la colaboración del decanato, con Xosé Pereira al frente.

Varios alumnos del centro se implicaron además en la producción técnica del programa, mientras otros seguían el debate como espectadores.

A lo largo de hora y media de debate, Pilar Bermejo, Mercedes Brea, Juan Casares, Lourenzo Fernández Prieto, Jaime Gómez Márquez, Laura Sánchez Piñón y Juan Varela expresaron sus puntos de vista sobre la financiación universitaria, Bolonia y el futuro del proyecto de Campus Vida y las polémicas bases sobre la docencia clínica de Medicina.

Sobre financiación, todas las partes coincidieron en la necesidad de que se incrementen los recursos asignados desde la Administración a las universidades, aunque supeditando más asignaciones a la consecución de objetivos, tras garantizar los fondos necesarios para los gastos fijos.
En cuanto a Bolonia, la mayoría de los aspirantes a sustituir a Senén Barro en San Xerome incidieron en que el gran problema de la implantación del nuevo sistema de docencia es la falta de recursos, aunque no el único. "Non se explicou o que significa ensinar por competencias e a aprendizaxe autónoma", apuntó el decano de Bioloxía, Jaime Gómez. "Foi unha ocasión perdida", resumió la catedrática de Química Analítica Pilar Bermejo.

 

Laura Sánchez Piñón mostró una visión menos dramática y recalcó que es "unha oportunidade" que, como todo lo nuevo, "necesita o seu tempo". Para la catedrática de Xenética una de las claves del proceso es conseguir romper "a dicotomía entre docencia e investigación", trasladando esta última a las aulas.

 

Casares, por su parte, también puso el acento en la "falla de recursos", que impide una docencia más personalizada, y la escasa planificación, mientras de Fernández Prieto añadió que es necesario colocar al alumnado "no centro do sistema" y acabar "coa burocracia inútil que afoga a docentes e xestores".

Juan Varela abogó además por que "a maior carga lectiva" de parte del profesorado sea "compensada dalgunha maneira" y Mercedes Brea criticó la adaptación a Bolonia en España desde la base, por ir a un sistema de grado y posgrado de 4+1 años en lugar de 3+2, el habitual en el resto de Europa.
El 5 de mayo los dos candidatos más votados pasarán a una segunda vuelta, con una nueva fase de campaña electoral. TV Correo volverá a invitar a quienes la protagonicen a un debate cara a cara.

28/IV/2010. Xornal.com. Os reitorables opinan sobre os grandes temas da USC en Xornal

Os sete candidatos opinan sobre o financiamento, o Plan Boloña, o Campus Vida, o conflito de Medicina e as propostas para os estudantes, PAS e PDI.

http://www.xornal.com/artigo/2010/04/27/sociedad/universidad/reitorables-opinan-grandes-temas-da-usc-xornal/2010042722481300412.html

28/IV/2010. Xornal.com. Xornal recibiu aos candidatos a reitor na súa redacción

http://www.xornal.com/artigo/2010/04/27/sociedad/universidad/xornal-recibiu-aos-candidatos-reitor-na-sua-redaccion/2010042722431000808.html

Os candidatos ao Reitorado da Universidade de Santiago de Compostela (USC) participaron na primeira semana de campaña en cadanseu Café de Redacción na sede de Xornal de Galicia na Coruña.

Todos os reitorables desgranaron o seu proxecto de goberno respondendo ás cuestións plantexadas por varios xornalistas da casa e colaboradores do periódico. Enlazadas a esta nova poden ler as entrevistas publicadas con cada un dos aspirantes a reitor.
A única excepción foi a de Mercedes Brea, quen declinou a invitación de Xornal de Galicia ao Café de Redacción, pero que si responderá as preguntas dos internautas o xoves 29, a partir das 16.00 horas, no Encontro Dixital. Poden enviar as súas preguntas e seguir o encontro premendo neste enlace

28/IV/2010. La Voz de Galicia. CIG e UXT critican as decisións laborais tomadas no seo da Fundación USC Deportiva

http://www.lavozdegalicia.es/santiago/2010/04/28/0003_8447761.htm?idioma=galego

Delegados sindicais e traballadores da Fundación USC Deportiva concentráronse onte fronte a San Xerome para dar maior visibilidade ás denuncias que veñen facendo desde hai un tempo sobre as presuntas «actuacións irregulares» que está a levar a cabo o xerente de devandita fundación.

Así, segundo poñen de manifesto os sindicatos convocantes da protesta, a CIG e UXT, o xerente despediría a unha candidata de UXT ás eleccións sindicais «que durante ou proceso resultou escollida». Por iso, durante a concentración de onte esixiron a readmisión inmediata de dita traballadora.

Ambos os sindicatos explicaron tamén que ao parecer, o xerente «atrasou intencionadamente» as reunións cos tres delegados da fundación. Pero non quedan aí. Afirmaron que se está facendo un uso espúreo» do diñeiro público «presentando unha demanda contra un laudo en materia electoral», documento que, ao parecer «obriga a recoñecer como traballadora dá Fundación USC Deportiva á candidata dá UXT». Os traballadores anunciaron que continuarán mobilizándose ata a readmisión da empregada.

20/IV/2010. La Voz de Galicia. Múgica suxire aos afectados pola reforma do CAP que acudan ao xulgado

http://www.lavozdegalicia.es/santiago/2010/04/28/0003_8447758.htm?idioma=galego

O Defensor do Pobo dálles a razón pero afirma carecer de competencia para estudar este caso

Tamara Montero

Os alumnos da Facultade de Historia van hoxe á folga cos ánimos un pouco desinflados. E é o Defensor do Pobo ditou unha resolución sobre a súa queixa de discriminación ante a conversión do antigo CAP nun máster. Di comprender os seus argumentos, pero só dálles a solución de que cada un dos afectados -e a queixa presentárona un centenar de alumnos da Facultade de Historia- inicie un proceso contencioso administrativo «contra os actos concretos de aplicación da lei» pola que se crea o sistema de titulacións do Espazo Europeo de Educación Superior en España, «vía previa para o recurso de amparo ante o Tribunal Constitucional» e suscite a cuestión de inconstitucionalidade ante «o órgano competente da Administración de Xustiza ordinaria».

O adxunto segundo do Defensor do Pobo, nunha misiva con rexistro de saída do 22 de abril, explica que «coa nova estrutura dos ensinos universitarios oficiais españolas [...] a licenciatura xa non ten cabida neste sistema», e enténdese que o novo título de grao é un conxunto de ensinos básicos e de «formación xeral», uns estudos que deben complementarse «necesariamente coa superación dun segundo ciclo de estudos universitarios dedicado á formación avanzada» -o máster- como requisito para incorporarse ao mercado laboral.

Un pau para os estudantes de Historia, que ven pechada unha das vías de protesta contra a «desigualdade ante a lei» á que din verse sometidos. E é que a pesar de que as licenciaturas estean xa en proceso de extinción, o alumnado alude ao feito de que haberá miles de persoas concorrendo a unhas oposicións, as de profesor de secundaria, para as que a eles lles esixen unha titulación superior, o máster de profesorado.

Aínda así, non se renden. Hoxe mesmo teñen convocada outra folga, e onte emitiron un comunicado explicando as súas razóns para estar a se mobilizar. Consideran que os novos estudos «vulneran a legalidade» e atacan ao ensino público, polo que reclaman que se regrese ao anterior curso de adaptación pedagóxica.

Ademais, senten abandonados polos sete candidatos a ser o novo reitor da USC, cualificando as súas manifestacións de «oportunismo eleitoralista». Rexeitan o modelo de cursar o máster tras aprobar a oposición: «¿que acontece se aprobas a oposición pero non ou máster?», pregúntanse, e recordan que «a política dá USC de pasar a pelota foi constante» aludindo a que era un problema entre alumnos, Xunta e Estado.


martes, 27 de abril de 2010

27/IV/2010. 4000 visitas nun mes, catro mil GRAZAS!

4000 visitas en algo máis de
un mes de vida do blog.
4000 grazas enchidas
de emoción. 
A ilusión de cada un de vos e
o voso traballo son o noso
principal apoio.
Por unha Universidade boa
que entre tod@s podemos
converter nunha
Universidade moito mellor,
súmate.

27/IV/2010. El Correo Gallego. Radiografía: Composición del claustro universitario

http://www.elcorreogallego.es/index.php?idMenu=5&idNoticia=540633

27/IV/2010. El Correo Gallego. Se renueva el claustro de la USC tras una crisis participativa

http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/renueva-claustro-usc-crisis-participativa/idEdicion-2010-04-27/idNoticia-540634/

El 5 de mayo no solo se elige el rectorado, también las 300 caras de este 'parlamento'


IOLANDA CASAL
 
En ocho días, toda la USC está llamada a votar. La cita con las urnas que más acapara la atención es la que decidirá quién sustituye a Senén Barro al frente del rectorado, pero la jornada electoral servirá también para renovar los consello de departamento y el claustro. Este último órgano ostenta la máxima representación de toda la comunidad universitaria, a través de 300 miembros de los distintos colectivos. Pero pese a la importancia que le reconoce la propia ley, este parlamento ha perdido en los últimos años protagonismo y participación.
La prueba más evidente del progresivo desinterés que parece haber cundido entre los propios claustrales se dio en la sesión del pasado mes de diciembre. Entonces la alta abstención -apenas acudieron 138 de un claustro con 280 miembros- hizo imposible que saliesen adelante los nuevos estatutos de la USC, una normativa que requiere el apoyo de la mayoría absoluta del claustro.
Las lecturas de aquel resultado tienen, no obstante, diferentes matices. La Plataforma Universitaria Progresista (PUP), el grupo de Senén Barro, pedía entonces reflexión para aclarar si el resultado se debió "á falta de motivación sobre a reforma estatutaria ou é un problema de desmobilización social".
Para la oposición es, sin embargo, una prueba tanto de la "minoría" en la que, a su juicio, se encuentra Barro, como del proceso de "deslixitimación" del claustro, a juicio del colectivo de profesorado nacionalista Universidade Aberta, porque éste es cada vez menos interpelado sobre los grandes temas de la USC.

 

"PRESIDENCIALISMO".
Ezequiel Vázquez, candidato a la representación del personal de administración y servicios (PAS) por el colectivo +Útil, coincide al menos con parte de este diagnóstico. "Hai absentismo e estáselle restando competencias ao claustro, convertíndoo en mero órgano consultivo", dice Ezequiel, que lamenta que no se haga público el listado de claustrales que no acuden a las sesiones.
"O pulo participativo foi esmorecendo pouco a pouco nestes 16 anos coas lousas da abusiva protocolorización e do excesivo presidencialismo dos reirores, que 'institucionalizaron' de xeito abafante a súa presenza e imaxe, arrogándose todo o protagonismo da viva e plural comunidade universitaria compostelá", ahonda en el diagnóstico A Trabe, el grupo nacionalista de representación de los PAS.

 

POCAS SESIONES.
Otro reproche al rectorado en relación con el claustro es el incumplimiento de la obligación de convocar al menos dos sesiones ordinarias al año, añade Ezequiel Vázquez, de +Útil. Alguna se anunció además, se queja el alumando, en periodos no lectivos, dificultando su participación.
La asistencia de los estudiantes tropieza con un atranco a mayores: cuando un claustral finaliza sus estudios, pierde el derecho de representación. Es por eso que, aunque el resto del claustro se renueva cada cuatro años, el alumnado elige su parte cada dos.
Pero a falta de datos oficiales, la ausencia más notoria es la del propio profesorado, el colectivo más numeroso, que ocupa entre las diferentes categorías 195 de los 300 escaños (ver gráficos).
El dato contrasta con la alta participación a la hora de votar. En las últimas elecciones ejerció este derecho más del 88 por ciento del profesorado funcionario doctor, la categoría mayoritaria entre los docentes e investigadores, con 1.348 miembros en el censo de este año.
Entre el PAS, el otro gran colectivo de trabajadores de la USC, si se repiten los porcentajes de 2006 (74%) la participación será también muy elevada. Son en total 1.251 personas, representadas a través de 24 claustrales.
Los estudiantes son el colectivo más numeroso (28.416 personas con derecho a 78 escaños) y también, con gran diferencia, el que menos se moviliza, menos del 10%.

 

MÁS ASOCACIONES DE ALUMNOS.
Sus opciones son, sin embargo, múltiples. Más de 15 asociaciones aspiran a representar al alumnado. Varias son organizaciones históricas como los Comités Abertos de Facultade (CAF), Iniciativas Estudantil Galega (Iesga) o el Sindicato de Estudantes, pero en los últimos años la competencias ha crecido vía vertiente conservadora, con nuevas organizaciones como Estudiantes Liberais de Galicia (Elga) o la Federación Acción Universitaria (Fauga).

 


SAN XEROME ¿Con qué rectorable?

 

Hace cuatro años, A Trabe pidió el voto en blanco en las elecciones al rectorado. Entonces no le convencía ni la candidatura tripartita de Barro ni la de Casares. Esta vez el grupo animará a los PAS, sin embargo, al voto activo para la candidatura en la que aprecien más coincidencias con sus reivindicaciones. A Trabe no quiere pedir directamente el voto para nadie, pero es conocida su buena sintonía con Fernández Prieto, que de 2006 a 2009 fue vicerrector de Relacións Institucionais. En la misma línea, Cupas tampoco pide el voto en concreto para ninguno de los siete 'rectorables', pero también sugiere decantarse por quien se aproxime más al suyo propio. En cualquier caso, gane quien gane, muestra su disposición para "favorecer acordos" con siete candidaturas a ocupar San Xerome.


27/IV/2010. El Correo Gallego. De facturas y pagarés

http://www.elcorreogallego.es/opinion/firmas/ecg/facturas-pagares/idEdicion-2010-04-27/idNoticia-540567/

RAMÓN BALTAR

EL FUTURO equipo rectoral de la USC tendrá que vérselas con un hueso duro de roer: cuadrar la cantidad con la calidad del servicio. Tarea que supone un conocimiento cabal de la situación y de los marcadores de tendencias.
El crecimiento espectacular de nuestra universidad en los últimos decenios produjo descompensaciones notorias y, también, vicios que es preciso erradicar. Por más que los autores estén orgullosos de su legado hipotecario, hay un hecho cierto e incuestionable: no aparecemos en ninguna de las tablas de clasificación de establecimientos de enseñanza superior a escala mundial. El que algunos profesores de la casa tengan reconocimiento internacional no permite pedir revisión del expediente.
Ocurre que los dirigentes universitarios se han contagiado del virus mayor de la política; hacer creer a los ciudadanos que trabajan para ellos en vez de hacerlo sin dar cuartos al pregonero. Han caído en la trampa de la imagen y de los eslóganes de impacto mediático. No es cosa mala que la sociedad sea informada de lo que hace la universidad, que para eso la paga, pero mejor sería que la conociera más por los resultados que por la propaganda. Se impone dejar los relatos fantasiosos.
No es en efecto hacedero que una universidad de pasado oscuro en sólo una generación o dos se convierta en un referente académico internacional a la altura de las grandes de siempre. Para lograrlo hace falta mucho más tiempo, voluntad disciplinada y una estrategia de desarrollo selectivo consistente. ¿Las tenemos?
El nivel de excelencia no está a nuestro alcance, pero no podemos dispensarnos de intentar llegar al de competencia general que nos corresponde. Va en el sueldo.
Profesor titular de Latín

lunes, 26 de abril de 2010

26/IV/2010. La Voz de Galicia. O oitavo Encontro Universitario de Danza reúne a seis compañías de España e Porto Rico

http://www.lavozdegalicia.es/santiago/2010/04/26/0003_8442995.htm?idioma=galego

Cun taller de danza contemporánea nas pistas de atletismo do Campus Vida, ás dez da mañá comeza o oitavo Encontro Universitario de Danza Contemporánea dá USC, cuxa inauguración oficial terá lugar á unha en Fonseca.

A primeira das actuacións do programa será ás nove da noite na Igrexa dá Universidade a cargo de catro das seis compañías participantes: Fincapé, da Universidade de Porto Rico; a Aula de Danza dá Universidade dá Coruña, e a compañías Espazo de Danza Universitario e Cisma, ambas da USC.

A segunda e última xornada en Santiago, porque o Encontro de Danza trasládase a Lugo o mércores e xoves, ofrecerá ás 13.30 unha exhibición de todas as compañías que porán en escena extractos das súas coreografías no xardín da Facultade de Farmacia. Pola noite, ás 21 horas, de novo na Igrexa dá Universidade, actuarán os grupos de Porto Rico, Europea de Madrid, Espazo de Danza Universitario e Trinta?n-pé, da USC.

Ademais de actuar ente o publico, as compañías participarán en tres talleres. Un é de danza, impartido polo ex bailarín da Compañía Nacional Eduardo Castro e a profesora do Conservatorio de Burgos Marta Botana. Outro é de ioga e será impartido por Rosa Acuña. A terceira opción é un taller de malabares que estará a cargo de Celso Pereira.

26/IV/2010. La Voz de Galicia. O colexio maior Xelmírez reúne esta tarde nun debate aos sete candidatos a reitor dá USC

http://www.lavozdegalicia.es/santiago/2010/04/26/0003_8443258.htm?idioma=galego

Os sete aspirantes a reitor ou reitora dá USC reúnense esta tarde ás oito non primeiro debate público para confrontar e defender as súas propostas. Ou encontro está organizado polo colexio maior Xelmírez e vaise celebra nas dependencias deste centro residencial.



Vos catedráticos Juan Casares Long, Mercedes Brea, Lourenzo Fernández Prieto, Pilar Bermejo, Juan Varela Durán, Jaime Gómez Márquez e Laura Sánchez Piñón terán a oportunidade de debater as propostas dúas seus respectivos programas para gobernar a Universidade de Santiago nos vindeiros catro anos, tendo en conta que a situación de crise económica non lles permite facer alardes máis aló dous límites orzamentarios á baixa e dous plans de axustes internos que poden desenvolver sen deixar de apostar pola calidade dá docencia e dá investigación.



Ou reto dá abstención



Os sete aspirantes, número que é un fito histórico, compiten nunha carreira contra a abstención polos votos de 30.000 electores posibles, pero nun marco non que ou sufraxio universal ponderado dálle mais valor ás papeletas dous docentes fronte aos demais colectivos universitarios. Ou 5 de maio, día non que se celebra a primeira volta destas eleccións a reitor, só pasarán vos dous candidatos que obteñan ou maior número de votos.



Ou feito de que nas opción para chegar a San Xerome haxa máis reitorais de ciencias ca de letras, cinco contra dous, non clarifica a batalla. A independencia de corte liberal, máis ou menos conservador ou progresista, e un certo desmarque dás plataformas que viñeron liderando vos anteriores procesos electorais dá USC, tampouco despexa as posibilidades.