martes, 20 de abril de 2010

20/IV/2010. Un pasiño máis cara o Reitorado

Luisa Gómez Gutierrez. Gabinete de prensa de Juan J. Casares Long.


Hoxe foi un día importante para os que levamos meses traballando co candidato Juan Casares Long. O tempo todo o dirá. E cada día queda menos para chegar a San Xerome, pero o que é ben certo é que levamos meses e meses de traballo ininterrompido preparando o que é para moitos de nós un dos proxectos máis importantes da nosa traxectoria profesional.

 

Comentábase hoxe polo Reitorado que fora o grupo de Casares o máis madrugador e non lles faltaba razón, ás nove en punto da mañá iniciaba a tan esperada campaña electoral. ¿Os motivos? Hai moito que facer e é necesario poñerse mans á obra e cambiar todas as cousas das que levamos tomando nota despois de tardes e tardes falando, conversando e intercambiando opinións coa comunidade universitaria. Hoxe estivemos no Reitorado, na Balconada, na Casa de Gimena e Elisa e no Arquivo e o certo é que nos atopamos co cariño e a cercanía dos traballadores da USC. En Medicina e Odontoloxía tivemos a oportunidade de escoitar as inquedanzas,preocupacións e suxerencias de alumnos e profesores. Alí mesmo, o profesor Casares conversou cun grupo de estudiantes que lle plantexaron as súas preocupacións académicas e as súas preguntas.