Tras a última xornada de folga na Facultade de Historia para protestar contra a implantación do máster de profesorado, onde o paro, segundo a organización, foi total, os alumnos da facultade compostelá decidiron continuar coas mobilizacións.
Así, durante toda a próxima semana, os estudantes realizarán paros diarios entre as 12 e as 14 horas o luns, mércores e venres, mentres que o martes e o xoves terán lugar entre as 17 e as 19 horas. Na última asemblea, á que acudiron máis de 60 persoas entre representantes e afiliados a organizacións estudantís e mozas sen ningún tipo de adscrición, tamén se tomou a determinación de que durante as dúas horas de paro terán lugar caceroladas para pedir que o límite de prazas do máster sexa abolido e os prezos rebaixados.