O profesor de Enxeñería Química, Juan Casares Long e o seu equipo continúan coa a axenda electoral, que os levará ata o Reitorado de San Xerome. O candidato tivo a oportunidade de atoparse na xornada de onte con profesores, alumnos e demais persoal do Campus lucense, e tamén do compostelá na xornada de tarde, onde o equipo fixo escala na Facultade de Ciencias da Comunicación. O candidato, con máis forzas e ánimos que nunca, explicou que a primeira medida que porá en marcha será a de realizar unha auditoría económica da USC para coñecer a situación real da institución
O xoves a comunidade universitaria volverá a ter a oportunidade de achegarse ao candidato e mais ao seu equipo e plantexarlle as preguntas que queiran, nas facultades de Económicas (ás 11.00 horas); en Dereito (ás 13.00 horas) en Relacións Laborais (ás 16.00 horas) e, xa por último, en Ciencias Políticas (ás 17.00 horas).
O candidato, que leva os últimos catro anos traballando arreo na oposición do Goberno da USC, leva ás súas costas unha ampla bagaxe non so no mundo da investigación senón tamén na xestión, xa que estivo ao frente de proxectos como o CESGA ou RECETGA e foi director Xeral de Medioambiente na Xunta de Galicia.
A transparencia, a eficacia e a corresponsabilidade son tres piares imprescindibles no seu programa e unha das medidas fundamentais que levará a cabo o profesor Casares será potenciar o papel dos centros na toma de decisións e recuperar a "esencia e ilusión da institución académica".
Para calquera aclaración, non dubidedes poñeros en contacto co gabinete de prensa ou consultar a nosa páxina web, www.juancasareslong.com.
Un saúdo,
Luisa López Gutiérrez
Responsable de Prensa de Juan Casares Long
692 528 009
www.juancasareslong.com