Manu López
Achéganse as eleccións á Reitoría da USC e os candidatos a ocupar o posto deixado por Senén Barro atópanse en plena campaña electoral. Por primeira vez nestes comicios concorren sete candidaturas. Galiciaé falou con todos os candidatos á Reitoría para preguntarlles sobre os retos de futuro máis importantes da próxima lexislatura e polas principais preocupacións dos estudantes.
A preimeira das cuestións pola que nos interesamos foi pola aplicaicón do Proceso de Bolonia. O novo contexto lectivo, baixo o Espazo Europeo de Educación Superior (EEES) implantouse por vez primeira neste exercicio no primeiro curso de tódalas titulacións. A obrigatoriedade da asistencia á clase e a carga de horas lectivas preocupan aos estudantes, sobre todo a aqueles que precisan compaxinar os estudos cun traballo que lles permita ter ingresos para costear a súa vida académica. Os candidatos responden aos retos que supón Bolonia.
Pregunta: Que propostas ten para avanzar na adaptación ao Plan Bolonia? Cales son os principais problemas a resolver? Que solucións propón para conciliar a carga lectiva coa vida persoal e laboral?
Jaime Gómez Márquez
O primeiro que hai que ter en conta é que non se pode implantar Bolonia a custo cero. Isto é unha falacia e fai imposible que a adaptación ao Espazo Europeo de Educación Superior se faga nas condcións que debería.
O aspecto positivo que ten esta adaptación é en dous niveis: fundamentalmente muda o sistema de aprendizaxe, xa que favorece que esta sexa autónoma, que o estudante traballe e vaia descubrindo máis pola súa conta; por outra banda, é importante porque nos harmoniza con Europa ao dotar o crédito ECTS, que favorece moito a mobilidade e que os estudos que se fan nun país se recoñezan noutro. Nese sentido, é positivo.
O problema de compaxinar a universidade con outras actividades é de organización interna dos centros e da Universidade. O que non se pode facer é cargar aos alumnos de actividades, de maneira que non poidan respirar. Por outra banda, hai que ter un tratamento especial cos estudantes que están traballando, que debe ser singularizado porque hai moitas actividades presenciais e que estas persoas non poden facer. Polo tanto, hai que aplicar as medidas necesarias para que poidan estudar e que ese estudo sexa compatible co seu traballo. Non podemos afogar aos alumnos porque o efecto que se consegue é claramente contraproducente.
Laura Sánchez-Piñón
Hai que pór o acento nos aspectos da titorización dos alumnos de cara a ter un ensino moito máis regulado e un apoio maior por parte dos profesores. Tamén se busca reducir o número de anos que se tarda en rematar unha carreira, o que se chama a taxa de eficiencia; se unha carreira dura catro anos é desexable que estea rematada en tempo e forma, non como ocorre cos plans vellos nos que algunhas carreiras teñen un tempo medio do que sería o dobre da súa titulación.
É importante atender tamén os másters, que dan a posibilidade de ter especialización en máis dunha área. Nos novos, o noso equipo pretende unha optimización do número actual para ter másters atractivos e co número de alumnos suficiente, poñendo o acento tamén nos másters on-line para que as persoas que estean traballando poidan acceder a unha formación despois da etapa estudantil.
Buscamos que nos másters haxa presenza da docencia en inglés, o que entronca coa mobilización. Se pretendemos ter mobilización respecto de Europa, Estados Unidos ou Iberoamérica, o inglés é necesario para ter alumnos que veñan doutros países.
O número de horas está fixado por lei. Non pode haber solucións individuais de diferentes universidades. Os créditos ECTS teñen un número de horas que é case o mesmo en toda Europa. A carga docente non é moito maior que ata agora e debemos respectar as normativas xerais para poder adaptarnos.
Juan Varela Durán
Finalizar satisfactoriamente o proceso de adaptación ó Espacio Europeo de Educación Superior (EEES) é o reto máis inmediato que temos que afrontar. A experencia de adaptación ao EEES iniciada está a ser levada razonablemente ben nos grados xa implantados co esforzo e o sacrificio de todos e a pesar das evidentes carencias de personal e medios materiais das que todos somos conscientes.
Estas adaptacións xa non se poden facer a coste cero, como se teñen levado ata este momento. A nosa universidade precisa dunha xestión financeira que permita afrontar estes retos ao mesmo tempo que nos permita manter e consolidar o noso cadro de personal e atender as necesidades derivadas de contar cunha estrutura material de primeira orde.
Mercedes Brea
Hai que meditar moi ben o que se leva feito ata o momento e ver que posibilidades nos deixa a normativa vixente para modificar cousas. En claquera caso, os graos están todos en proceso de implantación e, por un tempo, vai ser pouco o que se poida facer. Aparte, hai que procurar que todo o alumnado teña unha información moi clara de como son, de como están estruturados e organizados e das posibilidades que permiten.
No que hai que facer cambios con carácter inmediato é na oferta de másters oficiais. Hai que revisala e reestruturala, se é posible de cara ao próximo curso. Hai que facer tamén chegar toda a información a todo o alumnado para evitar que se metan equivocadamente por vías que non son as que pretenden.
Nos graos é moi difícil poder facer cambios nos horarios porque a atención é moi pormenorizada e hai que traballar máis cos docentes e co resto dos compañeiros. Cos másters si que hai máis posibilidades de mellorar o horario. É posible ofertalos, non de xeito totalmente virtual, pero si semipresencial e que persoas que están traballando poidan tamén facelos.
Juan Casares Long
A USC, como tódalas universidades españolas, ten o problema dunha tardía incorporación ao EEES, comezando ademais a casa polo tellado. Empezamos polos posgraos e logo seguimos cos graos. O que hai que facer agora é adaptar ambos á realidade. Atopámonos coa situación de que hai que adaptar o número de alumnos para poder dar resposta aos novo modelos de ensino que teñen unha parte expositiva, outra interactiva e outra nova, que son as titorías por grupos. Con elas temos que adaptar espazos e recursos humanos para facer posible que cheguen a ser o que poñen os papeis.
Nos posgraos, a traslación directa dos estudos de terceiro ciclo aos másters levou a unha dispersión moi grande e agora mesmo hai que traballar para centrar o que son. Hai que facelo a medida que nos incorporamos e ir facendo correccións para camiñar cara esa realidade que é o que está aí e non se pode mover.
Tanto no que se refire a situacións novas e ás titulacións tradicionais, temos uns horarios que non son exclusivos da USC. Os horarios universitarios non facilitan de ningún xeito a conciliación da vida laboral ou persoal coa lectiva en todos os estamentos. Nas titulacións que tiñan carga experimental importante, o horario de 9:00 a 21:00 é o típico de funcionamento e iso choca. Cos planos antigos atopáronse solucións e cos novos haberá que buscalas; nestes hai un traballo máis autónomo polo que creo que a capacidade de adaptación será maior. Agora, a asistencia é obrigatoria.
Pilar Bermejo
Facer a reforma a coste cero non é viable. O primeiro problema creo que é económico. Nos graos non hai excesivos problemas pero onde non se fixo ben foi nos másters. Hai unha gran cantidade deles e moitos teñen moi poucos alumnos. É preciso facer unha reorganización porque hai que orientarse máis a másters interuniversitarios e internacionais para darlle proxección externa á USC.
De tódolos xeitos Bolonia non está aínda rematado, por que non é só a adaptación dos graos ao EEES. Un dos obxectivos é potenciar a mobilidade dos estudantes ata conseguir unha cota do 20% no intercambio e tamén incide moito na formación ao longo de toda a vida.
A solución que propoñemos para mellorar os horarios son as titulacións a tempo parcial que existen en todo o mundo. Cada vez hai máis persoas que precisan compatibilizar traballo e estudo e a Universidade ten que ser sensible a esta situación.
Lourenzo Fernández Prieto
Os estudantes e os docentes son o eixo da Universidade e da primeira función que é a docente. O que fai o proceso de converxencia europea é situalos no centro. Nós imos facer fundamentalmente dúas cousas: garantizar o recoñecemento e a satisfacción do profesorado cun plan de promoción e captación que sirva para aproveitar o mellor do que hai e ter aos mellores; dende o punto de vista dos estudantes, garantizar a súa presenza e a súa participación no desenvolvemento dos novos títulos a través das comisións de seguimento; e, dende o punto de vista da administración, reducir a burocracia inútil que afoga aos docentes e garantir unha administración ao servizo da Universidade.
Comprometémonos a establecer un plan para reducir no primeiro ano e inxerenciar adecuadamente todo o sistema de tramitación, cualificación, etc vinculados aos novos títulos.
Hai que ter en conta que o novo sistema esixe máis presenzalidade pero tamén temos que pensar que hai un novo tipo de estudantes diferentes aos dos plans de hai 25 anos. Polo tanto, temos que readapatar a Universidade nese sentido. Hai que pasar a contar en euros. Dende o punto de vista dos mestrados teremos moi en conta as novas necesidades de demanda e as necesidades de quen demanda. Hai que redefinir a situación porque non ten moito sentido que a Universidade funcione como hai 30 anos, con xornadas de 9:00 a 21:00. Vai ser complicado pero faremos un plan para racionalizar e adecuar iso aos tempos de hoxe e para garantizar a compatibilidade da vida persoal e laboral, tanto dos estudantes como dos docentes.