martes, 13 de abril de 2010

Mércores, 14 de abril de 2010. CONVITE A ASISTIR A PRESENTACIÓN DOS PROGRAMAS E DEBATE DOS CANDIDATOS/AS A

Dende o correo web da USC o  Foro de Pensamento e Opinión "Galicia Milenio", envia a seguinte nota:


CONVITE A ASISTIR A PRESENTACIÓN DOS PROGRAMAS E DEBATE DOS CANDIDATOS/AS A REITOR/A DA USC

O próximo mércores, día 14 de abril de 2010, terá lugar a partir das 19:00 horas no salón de actos do Centro Social de Caixa Nova en Santiago de Compostela (Praza de Cervantes) un acto organizado polo  no que os candidatos e candidatas a Reitor/a da USC terán oportunidade de presentar as liñas directrices dos seus respectivos programas e debatir as súas propostas.
As próximas eleccións na USC para elixir o Reitor ou Reitora que rexerá o destino da institución nos vindeiros catro anos ten suscitado moito interese, tanto por parte da comunidade universitaria como pola sociedade compostelán e galega, en xeral. O feito de que haxa máis candidaturas que nunca, a súa pluralidade, os desafíos da institución e tamén os problemas que debe afrontar crearon un clima de expectación e unha evidente demanda informativa das propostas de cada un dos candidatos/as.
Por esta razón, o Foro de Pensamento e Opinión "Galicia Milenio" , do que forman parte arredor dun cento de profesores da USC, organizou este acto nun espazo público da cidade, animando a asistir ó mesmo non só a todos os membros da comunidade universitaria senón tamén a todas aquelas persoas que sigan con interese o devir do devandito proceso electoral.
Os candidatos e candidatas disporán do mesmo tempo de exposición e debate, moderado polo Presidente do Foro. A duración estimada do Acto será de 1 hora e 45 minutos (1 hora para a exposición das liñas xerais dos programas + 45 minutos para dar resposta as cuestións que formulen os socios do Foro ou o público asistente).
Dende o Foro Galicia Milenio agardamos que este acto, sumado ós demais actos e reunións que se celebren nos dous campus da USC, poida contribuír a dar a coñecer as diferentes propostas.
Por esta razón, agardamos contar coa túa presenza, ó tempo que che agradeceríamos que difundises a presente información.