viernes, 30 de abril de 2010

30/IV/2010. Xornal.com. Os alumnos maniféstanse polo CAP nas eleccións ao Reitorado

http://www.xornal.com/artigo/2010/04/29/sociedad/universidad/alumnos-manifestanse-polo-cap-nas-eleccions-ao-reitorado/2010042823395001336.html

O Defensor del Pueblo desestimou o recurso que interpuxeron contra o Máster de Profesorado e proponlles ir aos xulgados.

CRIS SOUTO

Os estudantes da facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago (USC) volveron saír onte ás rúas de Compostela para esixir a reestruturación do Máster de Profesorado que substitúo o antigo Certificado de Aptitude Pedagóxica (CAP). Amais dunha nova folga que mantivo inactiva a facultade todo o día, os alumnos marcharon ata o Reitorado da USC para esixir a “abolición do límite de vagas, prezos públicos para o Mestrado Docente no camiño da súa total gratuidade, redución da duración do mestrado a seis meses e celebración das prácticas dun modo digno e remunerado”.
A Asemblea de Estudantes de Arte, Xeografía e Historia decidiu tamén continuar coas mobilizacións, facendo paros na actividade da facultade, e tentar “integrar a máis facultades nos actos de protesta e mesmo ás outras universidades galegas”, segundo explica a voceira Aurora Paz. Porén, acaban de recibir un importante revés na súa loita, porque o Defensor del Pueblo desestimou o recurso de incontistucionalidade que presentaran alegando que tiñan o dereito a rematar os estudos no mesmo réxime no que os comezaron, para que os alumnos que cursan licenciaturas poidan facer o CAP, en vez do máster de Boloña.
O adxunto segundo ao Defensor, Manuel Ángel Aguilar Belda, encargado da área de Educación, explicoulles aos alumnos composteláns por carta que “esta Institución no ha apreciado una quiebra del principio de igualdad ante la Ley o del derecho constitucional al trabajo en el sentido que se indica”. Porque co novo Plan Boloña, “la licenciatura ya no tiene cabida en este sistema y, por lo tanto, hay que entender que el nuevo título de grado (...) comprende enseñanzas básicas y de formación general, que deben complementarse necesariamente con la superación de un segundo ciclo de estudios universitarios dedicado a la formación avanzada (...) como requisito necesario para poder incorporarse al mercado de trabajo”. “En todo caso –di o Defensor–, queremos significarle que queda siempre abierta la vía del posible ejercicio de los recursos administrativos y, en su caso, contencioso-administrativos por parte de quien se considere individualmente lesionado” .
Os estudantes non contemplan esta vía, por ser moi cara e longa no tempo. Amais, denuncian que “ningunha das candidaturas (ao Reitorado) ten un programa realista, coherente e crible” sobre este asunto.