O profesor de Enxeñería Química, Juan Casares Long inaugurou onte a campaña electoral no campus de Lugo. O candidato presentou de novo a súa proposta, que está baseada en oito Vicerreitores, un adxunto ao reitor, dous vicerrectores adxuntos no Campus de Lugo asociados ao Vicerreitor da área lucense, un comisionado para as Ciencias da Saúde e unha Secretaría Xeral. “Trátase do mellor equipo, capaz de dar resposta e recuperar a identidade e a ilusión desta Universidade". Ademais, desde a pasada semana atópase activada a súa páxina web, www.juancasareslong.com, onde o candidato informará de forma diaria sobre todas as novas da campaña.
O organigrama da candidatura será o seguinte:
Reitor.
Juan J. Casares Long
Adxunta ao Reitor para coordinación interna. Mercedes Pintos Barral
Secretaría xeral. Lourdes Noya Ferreiro
Vicerreitoría de coordinación e planificación do Campus de Lugo. Pedro García Herradón
Vicerreitoría de Investigación e Innovación. Francisco Gonzalez García
Vicerreitoría de Economía e Infraestruturas. Sara Cantorna Agra
Vicerreitoría de Estudos de Grao e Posgrao. Eva Castro Caridad
Vicerreitoría de Persoal Docente e Investigador. Carmen Fernández Morante
Vicerreitoría de Estudantes e Formación Continua. Francisco R. Durán Villa
Vicerreitoría de Responsabilidade Social e Calidade. Benita Silva Hermo
Vicerreitoría de Extensión Universitaria, Cultura e Sociedade. F. Javier Garbayo Montabes
Vicerreitor Adxunto de Investigación e Innovación do Campus de Lugo. Pablo Ramil Rego
Vicerreitora Adxunta para Estudos de Grao e Posgrao do campus de Lugo. Maria Isabel González Rey
Comisionado para Ciencias da Saúde. Manuel Macia Cortiñas
O candidato fixo dúas comparecencas públicas, na Escola Politécnica Superior e na facultade de Veterinaria, onde profesores e alumnos puideron plantexar todas as súas dúbidas, preguntas e suxerencias ao catedrático de Enxeñería Química. Casares Long manifestou a súa intención de abogar por unha xestión menos burorática, máis eficaz e transparente e se comprometeu a realizar unha auditoría interna na USC e trasladar a imaxe fiel da situación financieira á comunidade universitaria.
O profesor de Enxeñería Química leva ás súas costas unha ampla bagaxe non so no mundo da investigación senón tamen na xestión, xa que estivo ao frente de proxectos como o CESGA ou RECETGA e foi director Xeral de Medioambiente na Xunta de Galicia.
Casares Long destacou que a transparencia, a eficacia e a corresponsabilidade son tres piares imprescindibles no seu programa e que unha das medidas fundamentais será potenciar o papel dos centros na toma de decisións. "Queremos que a comunidade universitaria recupere a ilusión", destacou. A do profesor de Enxeñería Química é unha candidatura moi numerosa e independente que recolle todas as sensibilidades.
Juan Casares Long animou a participar "na festa da urnas" o próximo 5 de maio a toda a comunidade universitaria.
Para calquera aclaración, non dubidedes poñeros en contacto co gabinete de prensa.
Luisa López Gutiérrez
Responsable de Prensa de Juan Casares Long
www.juancasareslong.com