viernes, 30 de abril de 2010

30/IV/2010. Juan Casares Long comprométese á axilización do proceso burocrático da Universidade de Santiago de Compostela

NOTA DE PRENSA

O profesor de Enxeñería Química, Juan Casares Long e o equipo que o acompaña a todos os actos previstos nas facultades continúan a súa andaina cara o Reitorado de San Xerome. Despois do éxito acadado nas facultades de Económicas e Dereito o pasado xoves, onte tivo a oportunidade de achegarse á comunidade universitaria da Facultade de Psicoloxía. O candidato anunciou que de saír elixido como reitor comprometerase a axilizar o proceso burocrático da institución académica compostelá. Outra das primeiras medidas que porá en marcha será a de someter á USC a unha auditoría económica para poder coñecer o estado real das contas da entidade.
O luns a comunidade universitaria volverá a ter a oportunidade de achegarse ao candidato e mais ao seu equipo e plantexarlle as preguntas que queiran, no salón de graos da Facultade de Filoloxía, ás 11.00 horas.
O candidato, que leva os últimos catro anos traballando arreo na oposición do Goberno da USC, leva ás súas costas unha ampla bagaxe non so no mundo da investigación senón tamén na xestión, xa que estivo ao frente de proxectos como o CESGA ou RECETGA e foi director Xeral de Medioambiente na Xunta de Galicia.
A transparencia, a eficacia e a corresponsabilidade son tres piares imprescindibles no seu programa e unha das medidas fundamentais que levará a cabo o profesor Casares será potenciar o papel dos centros na toma de decisións e recuperar a "esencia e ilusión da institución académica".

Para calquera aclaración, non dubidedes poñeros en contacto co gabinete de prensa ou consultar a nosa páxina web, www.juancasareslong.com.

Un saúdo,

Luisa López Gutiérrez

Responsable de Prensa de Juan Casares Long


692 528 009


www.juancasareslong.com