sábado, 24 de abril de 2010

24/IV/2010. A eterna dialéctica

Gabinete

O outro día, na sesión dixital que mantivo o Candidato Casares dende El Correo Gallego, preguntáronlle a sua opinión sobre a dialéctica ciencias / letras. Dende entón, e a pesar de ficar xa metido de ceho na campaña eleitoral, penso que non deixou de pensar nelo a diario. Malia que por formación e profesión o Porf. Casares é un un home de ciencias, sei que como persoa considérase un home de letras, un humanista. Téñolle escoitado decir en más de unha ocasión que él non é quén de concibir un universitario completo que renegue de calquera de estes dous aspectos: o coñecemento técnico e o coñecemento humanístico.

E aínda que parta dunha visión científica en moitos aspectos da vida, é a visión humanística que lle ten proporcioado a cultura, aquéla que basa as suas firmes conviccións sobre a solidaridae e a sotebilidade e a que lle fai moito máis persoa.

Creemos nunha cultura da solidariedae e do respeto. E de ahí a sua firme aposta de futuro pola recuperación da Extensión Universitaria, dentro da USC, e fora, voltándoa cara as cidades de Santiago e Lugo e as suas bisbarras, pero tamén e polo propio sentido do termo "extensión", abríndoa cara a toda a sociedade galega.

A ilusionante tarefa de facer Cultura e difundila, de formar en tódolos aspectos cidadáns comprometidos có desenrolo sostible do seu entorno, e unha aposta moi importante no seu programa de goberno, e así o esta maniufestando estes dias na campaña. Pero esta tarefa, é algo que ninguén poder  facer só. Nin él nin o seu equipo. É imprescidibel a participación de todas e de cada un de nós, involucrando aos nosos estudantes, pero tamén aos nosos profesores e os nosos PAS.

Debemos aproveitar plenamente o talento que atesoura a USC, e abrir as suas portas  á sociedade. Acúsasenos a miudo de ser unha Institución que vive de espaldas ó mundo, pechados nas nosas torres eburneas, e isa afirmación ten que doernos cando a escoitemos. A reordenación dos plans de estudo e o descenso na ocupación de determinados sectores do profesorado poden ser unha auténtica oportunidade para facer transversal a formación humana extra académica, aportándolle un maior interés e achegándola así a todos.

Non vai ser unha tarefa dun día nin dun actor. Todos debemos implicarnos nela: o equipo reitoral, os centros, as asociacións, pero sobre todo, as persoas que compoñen a comunidade universitaria. Cada un debe aportar o máis axeitado: os recursos, os espazos, as ideas, a docencia, a iniciativa e coordinación de actividades, a nosa presenza... en definitiva, a participación. Os Cursos de Verán, os Ciclos de Extensión Universitaria, as exposición, os Ciclos de concertos, o Teatro e a Danza, as conferencias, os debates, a creación artistica contemporánea, o apoio os valores emerxentes ou mesmo o apoio decisivo as prácticas que fan nosa vida máis saludabel… teñen que ser pensados en claves novas maracadas polos tempos que corren e animadas con propostas renovadas que miren sempre cara ó futuro, empregando todolos activos, humans e materiais dos que dispón a USC en Santiago e en Lugo.
 
Atesouramos Cultura en moitas e variadas formas: e isa é unha das esencias máis importantes da Universidade que queremos devolver á Sociedade. Compartámola.