jueves, 22 de abril de 2010

23/IV/2010. Juan Casares Long continúa co seu frenético ritmo electoral

NOTA DE PRENSA
Juan Casares Long: "Temos un magnífico equipo independente, non imposto por ningunha plataforma, cohesionado e capaz dende o primeiro día de dar resposta aos problemas da USC"

Santiago, 23 de Abril de 2010

O profesor de Enxeñería Química, Juan Casares Long e o seu equipo continuaron onte coa súa axenda electoral, que os levará ata o Reitorado de San Xerome. O candidato tivo a oportunidade de atoparse na xornada de onte con profesores e alumnos das facultades de Ciencias da Educación, Enfermería e a Escola Técnica Superior de Enxeñería Química (ETSE). Alí, o profesor Casares seguiu desmenuzando as bases do seu programa. "Temos un magnífico equipo independente, non imposto por ningunha plataforma, cohesionado e capaz dende o primeiro día de dar resposta aos problemas da USC".

O candidato, que leva os últimos catro anos traballando arreo na oposición do Goberno da USC, leva ás súas costas unha ampla bagaxe non so no mundo da investigación senón tamén na xestión, xa que estivo ao frente de proxectos como o CESGA ou RECETGA e foi director Xeral de Medioambiente na Xunta de Galicia.
Unha vez máis destacou que a transparencia, a eficacia e a corresponsabilidade son tres piares imprescindibles no seu programa e que unha das medidas fundamentais será potenciar o papel dos centros na toma de decisións e recuperar a "esencia e ilusión da institución académica".

Para calquera aclaración, non dubidedes poñeros en contacto co gabinete de prensa ou consultar a nosa páxina web, www.juancasareslong.com.