martes, 18 de mayo de 2010

18/V/2010. La Voz de Galicia.O Festival de Teatro Universitario de Galicia abre o pano a trece compañías dos campus galegos

mailto:http://www.lavozdegalicia.es/santiago/2010/05/18/0003_8490908.htm

A Universidade de Santiago (USC) converterase a partir de hoxe en capital do teatro universitario coa celebración da décimo primeira Mostra de Teatro Universitario de Galicia. Un total de trece compañías representando aos campus galegos, e con especial presenza dos grupos xurdidos no seo da USC, participan nesta cita ata o día 6 de xuño.

Neste senso, a mostra ofrece a oportunidade de presentarse ao público a catro novos grupos universitarios, xurdidos de xente que logo de asistir aos cursos de formación teatral organizados pola Aula de Teatro da USC decidiu dar un paso máis neste ámbito. Esta nova canteira propiciou a ampliación do calendario da programación ata tres semanas. O pano da mostra levantase hoxe no Teatro Principal coa Aula de Teatro Universitario de Ourense, que representará Odisea espacial . Seguiralle mañá a Aula de Teatro da Campus de Pontevedra con Eclipses , de Manuel Lourenzo. A Aula de Teatro da Universidade da Coruña traerá o xoves a obra Rinoceronte no Camiño ; e o grupo Pinchacarneiro, da USC, presentará Policía , de S. Mrozeck o venres