miércoles, 19 de mayo de 2010

19/V/2010. La Voz de Galicia. Juan Casares Long. Sesión Dixital íntegra



Juan Casares Long.

Aspirante a rector de la Universidad de Santiago


Martes 18 de mayo. 12 horas.

Respondió a las preguntas de los internautas de Lavoz.es sobre su candidatura


Inicio del encuentro
 
Bós días. É un pracer estar con todos vós a través da Rede. As preguntas son sempre pertinentes, tentarei que as respostas tamén o sexan e xa comezamos.

¿Pactara con Converxencia Universitaria?

Xa dixen antes da campaña e durante a mesma que eu presentaba unha proposta de goberno aberta e plural e completa e con esa proposta estaría na primeira volta a na segunda e así será. Non teremos pactos con ninguén pero si esperamos contar con todos.

¿Cal será o seu nivel de compromiso, se resulta electo, coa reducción da burocracia que nos está a afectar moi seriamente aos docentes no noso traballo tanto investigador como docente?

Eu como profesor da Universidade sufro o incremento da burocracia coma todos e traballarei a reo para simplificar os procedementos e reducir o traballo que non sexa necesario para desempeñar as nosas tarefas de docencia, investigación e xestión, segundo o caso.

Que pensa facer en relación ó novo master de docencia?

Entendo que te refires ao master de Secundaria. Temos que correxir o problema causado pola división simple de prazas por itinerarios para comezar, de xeito que se ofrezan prazas en base á demanda e non de forma xenérica igual para todos. Teremos tamén que pensar como mellorar a oferta actual.

desde hai catro anos leva dicindo que outra universidade é posible¿ a onde a quere levar'

Quero traballar para pasar dunha universidade boa a unha universidade mellor contando con todos, recoñecendo a labor docente, apoiando a investigación de todos os profesores e recuperando a transmisión de cultura á sociedade.

¿Cómo é que o horario real do PAS sexa de 9 a 2, e mesmo algunha en filoloxía de 10 a 2? ¿Realmente pretende cambiar a Universidade ou é o cambio para non cambiar e que todo continúe igual?

O cumprimento do compromiso horario é obrigatorio para todos. Se queremos acadar a excelencia deberemos traballar co máximo de esixencia en todos os ámbitos.

usted es pasado o futuro?

Eu represento o cambio na Universidade. Durante os últimos 4 anos fun a única voz alternativa e crítica nos órganos de Goberno da nosa Universidade.

¿Cómo definiría en pocas palabras su proyecto? ¿Propone un proyecto nuevo o continuista con el del actal Rector? Muchas gracias.

Tal e como indiquei na anterior pregunta o meu proxecto é de cambio. É un proxecto baseado nun candidato con moita ilusión de facer as cousas de distinto xeito, un programa realista, traballado contando con moita xente e un equipo completo que inclúe oito vicereitorías, secretaría xeral e xerencia, formado por persoas de todas as sensibilidades, mulleres e homes, de todas as grandes áreas de coñecemento, con experiencia e moi capaces. Plural e aberto que conta con todos.

Después de la primera vuelta, da la impresión que ha sido el candidato que más limpio ha jugado. ¿Cree que esto influyó en su victoria?

Penso que os sete candidatos actuamos como universitarios, con moita correción, como non podería ser doutro xeito. Ter recibido o maior número de votos e convertirme na primeira opción da Universidade foi froito do traballo presentado e da súa aceptación pola comunidade universitaria.

¿Está de acuerdo con la descentralización clínica obligatoria de la licenciatura en medicina?

O incremento dos últimos anos no número de alumnos que acceden á titulación de Medicina fai completamente imposible que a docencia clínica práctica poda levarse a cabo íntegramente no CHUS, polo que resulta necesario a colaboración cos demais hospitais do Sergas.

Coñece cal é a debeda real da USC

Nas últimas semanas tivemos coñecemento dos datos relativos á débeda bancaria e ós préstamos blandos (anticipos reintegrables) que foron medrando á débeda da nosa Universidade nos últimos anos. Para respostar completamente á túa pregunta remítome á acción concreta do meu programa na que comprometémonos a trasladar á comunidade universitaria a imaxe fiel do estado financieiro da USC.

¿Qué opina vostede da deficiente calidade docente nalgunhas áreas da facultade de medicina debido, entre outras cousas, á masificación de estudantes?

A facultade de Medicina recibe os mellores alumnos da comunidade autónoma e incluso de fora da mesma. E temos a obriga de garantir a máxima calidade posible. A masificación froito das demandas da Xunta de Galicia hai tres anos para incrementar os alumnos matriculados e mesmo a petición do Parlamento galego de hai uns meses entendemos que está a crear un problema ao que teremos que facer fronte estes próximos anos.

Vostede cre que ten sentido a existencia de tres universidades nun país de menos 3 millóns de habitantes e con crecemento vexetativo negativo?. Para min, é unha mostra dun dispendio de recursos nun país que está a cola en I+D e que necesita que universidades fagan investigación de calidade e deixen de ser simplemente uns centros de ensino preto da casa.

Hai 20 anos cando decidiuse segregar a Universidade de Santiago en tres parecía que era o único xeito de mellorar a xestión e a oferta universitaria. Quizais faltou colaboración e amplitude de miras nalgúns momentos e sobraron protagonismos persoais e localismos. Pensando no presente e no futuro é imprescindible moita máis colaboración e sentido común para acadar un sistema universitario galego moito máis eficiente.

Ante a actual coxuntura economica, ¿Continua a súa intención de Promocionar a totalidade de aspirantes a Catedra? Penso que non é o momento xa que eles non van a quedar no paro e pode ser que outros si acabemos no paro. (de un contratado da Usc)

A promoción persoal dentro da carreira profesional na Universidade non supón incremento de prazas senón o lóxico recoñecemento do traballo ben feito. Ata o momento non supuxo incremento dos orzamentos porque se compensou con creces coa transformación doutras prazas de profesorado e entendo que en boa medida así seguirá a ser.

¿Cal é a opinión sobre os contratos Ramón y Cajal e Parga Pondal?

Tal e como recollo no noso programa son os Ramón y Cajal e Parga Pondal figuras do máximo interese para a mellora da calidade investigadora da nosa Universidade, un dos accesos á carreira universitaria e eu seguirei cas medidas de consolidación establecidas ata o momento e mesmo ampliándoas a outras figuras.

es usted de derechas

Eu son universitario que é do que se trata nestes momentos. Independente, non pertencín nin pertenzo a ningún partido político. Sempre colaborei con quen mo pediu, sen pensar na súa ideoloxía.

Buenos dias! Soy estudiante en la E.P.S. de Lugo, es normal que haya mas profesores que alumnos?


Non, naturalmente que non. Nos últimos tempos reduciuse o número de alumnos nalgunhas titulacións da E.P.S. e teremos que traballar para que todas as titulacións resulten de interese para a sociedade que é a quen nos debemos como servizo público.

Como reitor, manterá a mesma actitude política de cando foi director xeral do Goberno Fraga?


Xa expliquei cal é miña posición persoal nunha pregunta anterior. A miña actitude na Consellería de Medio Ambiente levoume a colaborar en moitas ocasións con persoas de todo o espectro político e as evidencias están aí para quen quera velas.

¿Cómo van a quedar os chiringuitos e cotos de amigos? por exemplo Estudos Internacionais, CETA, Uni..., etc.?


A Universidade como servizo público debe buscar o beneficio social. Todo aquelo que o mellore ten cabida. Todo aquelo que supoña única e exclusivamente beneficio económico e mesmo competencia desleal co sector privado non ten sitio na miña concepción de Universidade pública.

Son sorprendentes os seus resultados entre o estudantado de dereito, ¿porque alí e non noutras facultades?

Hai 4 anos fun o máis votado dos dous candidatos entre os alumnos, agora o voto estivo moito máis repartido entre os 7 candidatos e debo destacar o voto do alumnado da ETSE onde tiven con diferencia o maior número de votos e a maior proporción de alumnos votantes con respecto a todas as outras candidaturas. Unha posible razón é a elección nalgunhas facultades das persoas que me acompañan no equpo.

Todos hablan del Campus Vida, pero me gustaria saber si tiene algún tipo de plan para dar mas presencia o potenciar otras facultades, en especial me refiero al área de CC. Sociales. Estos años parecen olvidadas, parece que la universidad va a dos marchas distintas. Un saludo, mucha suerte y enhorabuena por haber elegido a la profesora Sara Cantorna.

O meu compromiso cas Ciencias Sociais e as Humanidades queda explícito no equipo reitoral. Traballaremos para que ninguén se sinta excluído e a Universidade valore como se merece o esforzo que os centros de Ciencias Sociais están a facer cando reciben case que a metade do alumnado da nosa Universidade.

Tito ´Lorenzo foi vicerector con Senen Barro o é o futuro

O profesor Lourenzo Fernández Prieto foi vicereitor co profesor Senén Barro.

cáles son as suas propostas para facilitar a empregabilidade dos titulados

Temos que garantir competencias e incorporar habilidades para que a nosa oferta de titulados se axuste á demanda do mercado laboral. Penso que xa hoxe en día os titulados da Universidade de Santiago atopan con relativa facilidade emprego mesmo na difícil situación económica actual.

Como viviu o conflicto da Lou dende a Dirección Xeral de Medio Ambiente do Goberno Fraga?

A LOU adoleceu na súa redacción do problema de falta de diálogo que eu estou a pedir sempre, polo tanto non me sorprendeu a resposta da Universidade ao respecto.

qué mensaje lanzaría al alumnado para que le de su apoyo?

Somos unha candidatura independente, plural e aberta que quere contar con todos os membros da comunidade universitaria na búsqueda da excelencia. E eu non comprendo un alumno sen profesor nin unha Universidade sen alumnos.

Fin del encuentro

Moitas grazas por todas as preguntas recibidas. O tempo previsto xa o superamos de abondo. Non esquezades que a participación na elección a reitor é un dereito pero tamén unha obriga para todos. Cordiais saúdos, Juan Casares Long.