jueves, 20 de mayo de 2010

20/V/2010. Xornal.com. Fernández Prieto e Casares inician a campaña da segunda volta cun debate en Lugo

mailto:http://www.xornal.com/artigo/2010/05/20/sociedad/universidad/fernandez-prieto-casares-inician-campana-da-segunda-volta-cun-debate-lugo/2010051923471903681.html

CRIS SOUTO

 Mentres na Universidade de Vigo viven hoxe a súa xornada electoral, os dous candidatos que pasaron á segunda volta –das sete candidaturas iniciais– no proceso electoral da Universidade de Santiago (USC) iniciaron onte un período de catro días de campaña, ata a votación do luns 24, cun debate no campus de Lugo.



Juan Casares Long e Lourenzo Fernández Prieto confrontaron as súas ideas e propostas na facultade de Veterinaria, nun encontro “moi animado” ao que asistiron unhas 150 persoas e que durou algo menos de dúas horas.







DÚBIDAS NAS CONTAS E A XESTIÓN



Casares Long, catedrático en Enxeñería Química, destacou que, entre as primeiras medidas que levaría a cabo de ser reitor, está “axilizar a xestión e os trámites burocráticos da USC”. Precisamente, as preguntas dos asistentes centráronse sobre todo “na redución da burocratización, a xestión e estrutura xerencial e a situación económica”, segundo o catedrático de Historia Contemporánea, Fernández Prieto.



Salientou en positivo o encontro, moi combativo: “O profesor Casares tentou atacarme moito, sempre mirando para o pasado, mentres que nós miramos cara ao futuro; nós temos unha visión, non un pesadelo”. Fernández subliñou que o seu rival “evitou falar de cal sería a súa posición respecto da Xunta, moi importante para ver como serían as negociacións en termos de financiamento”, polo que lle pediu “máis concreción” para o seguinte debate, que comeza ás sete desta tarde na facultade de Medicina de Santiago.



Pola contra, Casares considerou que se centrou en “defender medidas e actuacións concretas” e apelou “á ilusión como método para cambiar a USC e construír entre todos un novo modelo universitario no que se conte con toda a comunidade educativa”.