lunes, 24 de mayo de 2010

24/V/2010. Xornal.com. Máis de 33.500 votantes elixen hoxe ao novo reitor da Universidade de Santiago

http://www.xornal.com/artigo/2010/05/24/sociedad/universidad/mais-500-votantes-elixen-hoxe-ao-novo-reitor-da-universidade-santiago/2010052322435000124.html

Os candidatos concurren aos comicios con vontade de gobernar dende o consenso, segundo dixeron nos últimos días.

A Universidade de Santiago (USC) coñecerá hoxe ao seu novo reitor. As eleccións máis concorridas do sistema universitario español –con sete candidatos na primeira volta–resolveranse a favor de Lourenzo Fernández Prieto, catedrático de Historia Contemporánea, ou de Juan Casares Long, catedrático de Química. Máis de 33.500 persoas entre docentes, estudantes e persoal de Administración e Servizos (PAS) están chamados ás urnas para determinar quen será o sucesor do actual rexedor da institución compostelá, o tamén catedrático de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial Senén Barro.

Os dous candidatos ao reitorado coñecen de cerca o funcionamento do centro que pretenden dirixir, xa que, mentres Fernández Prieto tivo o cargo de vicerreitor de Relacións Institucionais en coalición co actual equipo de Goberno e ata que presentou a súa dimisión, Casares Long exerceu os últimos catro anos como xefe da oposición. Se nos anteriores comicios quedara as portas do Reitorado, nesta ocasión parte coa vantaxe de saberse gañador na primeira volta. O pasado 5 de maio o catedrático de Química fíxose co 26,38% dos votos, mentres o historiador quedou co 20,77%, pese a que só os separaban dez votos. Desbancaban aos seus opoñentes, que quedaron a bastante distancia.

A catedrática de Filoloxía Románica, Mercedes Brea obtivo o 14,25% dos votos; Pilar Bermejo, catedrática de Química Analítica, o 13,21%; a ex conselleira de Educación e catedrática de Xenética, Laura Sánchez Piñón, contou co 13,08%; o decano de Bioloxía, Jaime Gómez Márquez, o 8,6% e o catedrático de Anatomía Patolóxica, Juan Varela, un 3,71%.

Agora os dous finalistas concorren as eleccións con mensaxes conciliadoras. Queren incorporar propostas dos opoñentes, no caso de Casares Long, e buscar consenso, no de Fernández Prieto