miércoles, 19 de mayo de 2010

19/V/2010. La Voz de Galicia. O slogan da campaña de matrícula na Universidade será «Creamos futuro»




http://www.lavozdegalicia.es/deza/2010/05/19/0003_8492988.htmutm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz&idioma=galego



Noelia Rodríguez Rivera pensou que a USC xera futuro. E plasmouno o un lema, «creamos futuro», que presentou ao concurso de ideas da Oficina de Información Universitaria para crear a publicidade da próxima campaña de matrícula da Universidade.

Onte, esta alumna da diplomatura de Ciencias Empresariais do Lugo, xunto co estudante do instituto de Sar, Ángel Morón Parcero, recolleron o premio e o accésit, respectivamente, do concurso da USC, ao que se presentaron un total de 44 propostas. Noelia Rodríguez levou un total de 1.000 euros, e Ángel Morón 500. Agora, a idea da estudante universitaria será utilizada na difusión e promoción das titulacións da Universidade a través de carteis, folletos e ata a web da institución.

«Soubo plasmar moi ben a idea de Universidade moderna sen que isto supoña renunciar ao seu pasado», comentou o reitor, Senén Barro , tras entregar o premio. Pola súa banda, Noelia Rodríguez afirmou que sente orgullo «porque a imaxe dá Universidade na que estudo sexa a que eu mesma deseñei».