domingo, 9 de mayo de 2010

9/V/2010. Casares Long propón dous debates dentro da comunidade universitaria

O catedrático de Enxeñería Química, Juan J. Casares Long, amosa a súa total conformidade coa idea dos debates, mais a súa proposición é a da realización de dous encontros, un no campus compostelán e outro no lucense. Coma queira que son só 3 días de campaña, Casares Long propón a Fernández Prieto realizar o primeiro dos debates o próximo mércores, 19 de maio en Lugo, e o segundo, o xoves 20, en Compostela.

 
Casares Long segue a defender a súa posición, de que este é un proxecto universitario, un proxecto pensado para toda a comunidade universitaria, con independencia das súas ideas.

Casares Long segue a manter a súa postura, “ fronte a outros que fan chamamentos a os votantes progresistas e nacionalistas, eu chamo a comunidade universitaria. Meu partido é a Universidade. Somos unha candidatura universitaria na que todos teñen cabida e na que poñemos por diante o diálogo e a transparencia.”

Necesitamos que todos se unan ao noso proxecto para ter un reitorado forte que solucione os problemas. Necesitamos o apoio de todas e todos.

Por outra banda, o catedrático de Enxeñería Química quere mostrar unha vez máis o seu profundo agradecemento polo apoio recibido o pasado mércores e quere invitar a toda a comunidade universitaria a que opinen o vindeiro 24 de maio sobre o futuro da Universidade de Santiago de Compostela.