sábado, 8 de mayo de 2010

8/V/2010. Xornal.com. Casares proponlle dous debates a Fernández

http://www.xornal.com/artigo/2010/05/08/sociedad/universidad/casares-proponlle-dous-debates-fernandez/2010050723565902458.html

C. Souto

A dez días do inicio do segundo periodo de campaña das eleccións ao Reitorado da Universidade de Santiago (USC), os dous candidatos finalistas tentan decidir a través da prensa como contrastar os seus programas ante os votantes. Lourenzo Fernández Prieto pedíalle a mesma noite da xornada electoral a Juan Casares Long a celebración de tres debates (no Campus Vida, no Norte e no de Lugo). Casares respondeu onte e amosou “total conformidade coa idea”, pero propuxo “dous encontros, un no campus compostelán e outro no lucense”. O aludido dixo “aceptar sen condicións”, pero insistiu na suxerencia dun terceiro encontro porque “é o debate do Campus Norte e meréceo”. Casares engadiu que o seu é un proxecto para “toda a comunidade universitaria”, despois de que o nacionalista Carlos Aymerich pedise o voto para Fernández.