O catedrático de Enxeñería Química, Juan Casares Long, presentou esta mañá no Campus de Lugo a súa candidatura á Reitoría da Universidade de Santiago de Compostela. Casares estivo rodeado de caras coñecidas na comunidade lucense, como os profesores, Xesús Feás, Pedro García, Juan Piñeiro, José Luís Benedicto Castellote ou Antonio Iglesias, entre outros. Despois de catro anos facendo oposición, o candidato cre que é necesario mellorar a xestión na comunidade universitaria, y declarou que se atopa preparado para traballar e resolver os problemas da USC. O seu obxectivo é que a institución educativa recupere o prestixio que tiña e a xente recupere a ilusión por formar parte dela. De feito, unha das súas propostas será darlle mais responsabilidade aos centros docentes. "Temos que escoitar á xente e volver ao diálogo", destacou. Ademais, afirmou sentirse "moi arroupado pola xente de Lugo".