lunes, 29 de marzo de 2010

29/03/2010. Opinión: Festival de Músicas Contemplativas

Hoxe comenza en Santiago unha nova edición do Festival de Músicas Contemplativas que organizan dende fai anos e con moito éxito o Consorcio da Cidade. Precisamente, o Consorcio está de parabéns xa que ven de ser distinguido coa insignia de ouro da USC, a máxima honra que a nósa cinco veces centenaria Institución otorga en ocasións moi sinaladas. Sen dúbida é un recoñecemento máis que merecido. Porque o Consorcio é unha das Institucións senlleiras que manteñen viva a nosa cidade; As súas actuaciós adicadas sempre á conservación, recuperación, promoción e difusión do inmenso patrimonio que supón Compostela, déronlle unha volta a Santiago ate ser hoxe unha cidade que pouco ten que ver có que era fai dez ou máis anos. Unha cidade coñecida no mundo, meta de peregrinos, turistas e namorados da súa beleza ou da paisaxe galega. Por iso este camiño non pode parar. Os tempos semellan malos, pero non eternos. Os retos de futuro son moi grandes, e a cidade ten que seguir crecendo en conservación, ecoloxía, urbanidade, accesibilidade e todos eses aspectos que nos sinalan coma unha das principais capitáis da vella Europa na que estamos integrados por dereito propio e incuestionable. Volvendo ás músicas contemplativas, é coñecida de todos a miña gran afición pola música, e cando chega Semana Santa, compráceme moito facer un alto na xornada e pola noite, acudir a algunhas das igrexas da cidade a escoitar música sacra da nosa tradición culta occidental, ou mesmo de outras culturas e tradicións do mundo, cun espíritu e mensaxe única: achegar ó axetreado home do século XXI momentos de encontro interior. Son un espírito curioso en esencia e disfruto de verdade con este ciclo e coa sua diversidade de propostas. Recordo concertos memorables dos pasados ciclos con postas en escéa moi axeitadas en San Martiño Pinario, Igrexa de Ánimas, Convento de Santa Clara,  na tan compostelana San Fiz de Solovios, na Igrexa da Universidade e noutros templos que este ano volverán repetirse integrando na maxia de cada un moitas sensacións que producense na interactuación de sons, verbas, linguas, imáxenes, cores e emocións. As emocións que resultan de escoitar a música en directo: algo insustituible.

http://www.consorcio-santiago.org/?page_id=395&language=es